26 de agosto de 2007

A Iluminación

Hola, benvidos a Segundo Xénese.
Hoxe será unha pequena dose de historia.
O comezo. As explicacións. A iluminación.

En maio de 2006 un soño abafante acabou por espertar-me.
Eu paseaba por unha rúa, sen rumbo fixo. Era a estrada que pasaba xunto a miña casa.
Ía mirando a paixase, cara a serra que se recortaba no oeste, contra luz do ocaso.

"Unha rapaza de pelo escuro estaba ó final da baixada do camiño. Co móbil na man.
Caeulle o chan, nese momento, en apenas milésimas de segundos, apareceu o meu carón, colleume da man, miroume con carraxe e bicoume. No intre que sentía os nosos beizos xuntarse, o mundo escureceuse e caín ó chan, nun dos outeiros que antes ocultaban os últios raios de sol. Agora arrodeado dunha fina néboa, na noite máis escura, en fronte da rapaza de fraccións delicadas, ollos verdes, pelo lacio e escuro. Seguíame a mirar con odio, eu era o culpable de algo, algo polo que ela desexaba morrer. Suicidarse. O aire pesaba e cargaba os pulmóns. A neboa espesaba. As lágrimas xurdían dos seus ollos. Quería morrer. Queriamos morrer. Espertei."

Eran as cinco da mañá. Espertei. Bañado en suor. Espertei, seguía a durmir. Esquencía o que pasara. Era incapaz de respirar. Sentía pena. Culpa.
Acendin o ordenador e escribinno así como o vedes.
Meses despois, por inspiración dunha rapaza parecida á do soño (excepto pola cor do pelo) comecei a escribir un relato de 26 páxinas. Unha carga de sentimentos invadíame ó escribilo. Invademe o le-lo e o recordalo. Espero transmitirvos a mesma sensación.

Grazas por lerme.

6 comentarios:

Eva dijo...

Non esta nada mal, a ver se co tempo te nos convirtes no proximo novelista de exito galego, a ver esos relatos, 26 son poucos para un bó libro...

Ith dijo...

XD non son 26 relatos, senón 26 páxinas dun mesmo relato...
Titúlase "segundo xénese" e divídese en tres capitulos... xa o iremos vendo

Mos dijo...

Que decepción,onde carallo quedou Riaa aa aa aa aa?Parece que o teniente alcalde aquel afundiu esa historia da que era unha honra que un xurado privilexiado lera hahaha.Moi bo meu,lémbrame a algúns relatos que escribin eu.

Ith dijo...

Hahaha, ves? segues a ser un cínico cabronazo. Pero este é o principio de Segundo Xénese, a rapaza é Liora... lémbraste, si, si a filla de RiEEEEEEh!
;-)

El mal bicho dijo...

Que bo! Espero con ansias a segunda páxina!

Ith dijo...

Hehehe, grazas Rubén.
Tardei un pouco porque ó formatea-lo PC perdin o arquivo do relato.
Pero sorte que tiña unha copia impresa e o escaner ten a función OCR que saca o texto en forma de arquivo de Word e así vou escaneando páxina a páxina e, hoxe, vai a segunda entrega.