14 de septiembre de 2007

Capítulo I, parte II

Ela volveuse con aire preocupado, mirouno, con noxo, como unha nai mira ao asasino do seu fillo. Non houbo contestación...

Tras algúns segundos, minutos, quizais horas alí de pe, o mozo decidiu que xa era hora de que soase o maldito espertador e acabase xa esa alucinación tan aburrida. Máis e máis horas transcorrían, pero non daba rematada. De súpeto viulle á mente que tódalas veces que quería saír dun soño, so tiña que "suicidarse"; isto fora culpa dun antigo profesor de filosofía do instituto de Bacharelato, que dicía que nos soños, ao morrer, o subconsciente remataba o soño por non saber explica-lo que pasa trala morte. Fora como fora, decidiu probalo, nunca fora andando polo camiño no que todo comezara ou non o lembraba así que todo ¡so era un pesadelo moi longo, aburrido. Subiu á rocha máis alta que había por alí, duns seis metros e tirouse para caer de lado no chan.

Cando estaba a piques de chegar ao chan, imaxinou a cama, quente, suave e, en troques diso, sentiu como o seu ombro esquerdo se desfacía nas rochas do chan e como ía rodando pola pendente, riscando a roupa e a pel, cando parou dez metros despois, co corpo magoado e con moita dor, levantouse e a moza estaba ao seu carón­- Sábelo??- preguntou ela.

-O que? De que falas?- preguntou o rapaz estañado

-Non, non o sabes pensou en alto- tranquilo, curan rápido- dixo sinalando as feridas del.

-Eh... si, quen es?que é isto? Decididamente estou tolo.

-Non, tranquilos a que debería estar preocupada son eu. - Si claro.

Ela comezou a contarlle algo que el no alcanzou a escoitar, so a vía move-los beizos.

- Que?

-Dicíache que son un Ente Creador, que esta historia se repite cada vinte anos, xa é hora de comezar, quero acabar pronto.

-Son crédulo pero, un Ente Creador? Estasme a toma-lo pelo? Pasa de min, adeus.- e comezou a andar

-Escoita isto e todo será máis claro: fa¡ un seiscentos anos a queima de bruxas era algo que...

-Espera, para xa, que é isto? Entes... creadores? ... queima de... de bruxas? Non digas paranoiadas! Estás tola...

Sería mellor comezar polo principio, verás;

« Fa¡ uns 4600 millóns de anos, cousa na que os humanos acertastes, foi creada a Terra, nos se sabe de ónde, como ou porqué, son todo suposicións, o caso e que nos, os Entes Creadores, tampouco o sabemos, pero, tras crear as cousas inertes neste mundo, decidimos que xa era hora de facer algo máis, daquela ocupabamos todo o globo, e comezamos a facer plantas e pequenos animais, de aí pasamos aos máis grandes; os dinosauros por exemplo. Os Entes estudiosos descubriron que podiamos "entrar" en todo ser vivo, e dicir, facer que a nosa Luz se transportase a un ser vivo calquera, animal ou planta. Pero ¡so era perigoso, pois nos non eramos capaces de controlalos e, xa que os animais actuaban por instinto, poñían en perigo a súa vida e con ¡so provocarían a desaparición do Ente que os habitaba. Os vexetais non nos aportaban nada novo. Así pois, tras moitísimo tempo de traballo, os Creadores máis poderosos creamos un novo ser, actuaba por lóxica e era precavido; era o ser humano.»

«Co tempo fixemos novas melloras neles e ensinámoslle novas cousas: o fogar, o lume, a sociedade organizada, a arquitectura. Fixemos os primeiros asentamentos de nova civilización…>>